viernes, 27 de febrero de 2015

Ataquilla.com nova marca venta de entradas en Galicia

Servinova será Ataquilla.com desde o luns 2 de marzo

A partir do vindeiro luns 2 de marzo, o servizo de venda de entradas da Fundación Galicia Obra Social (Afundación), Servinova, pasará a denominarse Ataquilla.com. 

Por mor de facilitar o período de transición deste cambio para os usuarios que, por exemplo, realizaron 146.000 xestións no ano 2014, tanto a antiga marca Servinova coma a nova Ataquilla.com convivirán durante un tempo, especialmente nas redes sociais de Twitter e Facebook, así como na publicidade de eventos e no logotipo. 

Ataquilla.com continúa sendo unha área de traballo dirixida ao sostemento das actividades da Fundación Galicia Obra Social posto que é un servizo en expansión orientado á busca de ingresos que repercutan no beneficio da sociedade galega. De feito, a totalidade do recadado por Ataquilla.com invístese nos programas formativos, culturais e sociais que desenvolve Afundación e que se realizan en Galicia. 

As cifras globais do ano 2014 presentan un panorama de notable crecemento para Ataquilla.com, ao aumentaren as sesións na súa páxina web nun 16,7 % e os visitantes nun 14,25 % con respecto a 2013. Das 417.000 entradas vendidas, un 56 % foron xestionadas a través de Internet. Os espectáculos de máis éxito cuxa comercialización xestionou a actual Ataquilla.com foron, entre outros, os concertos de Luz Casal, Alejandro Fernández, Sergio Dalma ou David Bustamente, e musicais tan aplaudidos como Os miserables ou The Hole. 
O enderezo web do servizo de venda de entradas será, a partir do luns 2 de marzo, www.ataquilla.com, e o número de teléfono para a realización de xestións continuará a ser o 902 504 500.