jueves, 9 de abril de 2015

Feira de Artesanía do Ferro Riotorto 2015

A IX Feira da Artesanía do Ferro que se celebrará o vindeiro 19 de abril porá unha vez máis en valor a tradición ferreira do concello así como doutras zonas da xeografía galega e nesta edición, tamén, da comunidade foral de Navarra, converténdose nun dos principais reclamos turísticos da comarca. 

Haberá numerosas actividades coma demostracións de oficios tradicionais, exposición de artesáns e productos do campo (con máis de 110 expositores de diversa índole), animación de rúa, música e sobor de todo a actividade principal que é “motor” da propia feira – A Demostración en Vivo do traballo dos ferreiros que para esta edición contarase coa participación dos Ferreiros de Riotorto, Ferreiros de A Fonsagrada,  Alberto Leis, Friederich Brasmasteidl e os ferreiros do Centro de Interpretación da Forxa Brun deNavarra.

A creación artística do cartaz, foi deseñada, coma nas pasadas edicións, polo artista mariñán afincado en Brion, Xosé Vizoso.

Ademáis contaremos coa exposición “Mans de Ferro”, que se centra na figura dos ferreiros en homenaxe á súa profesión e que amosará distintas pezas artesanais de ferreiros da provincia lucense.