viernes, 17 de abril de 2015

Festival Ibérico Salceda de Caselas 2015

O II Festival Ibérico vaise celebrar en Salceda de Caselas maña sábado 18 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, organizado pola Fundación Luso Galaica. No acto de presentación estivo presente o Presidente da Fundación Antonio Reguera, o Alcalde e a Concelleira de Cultura de Salceda, Marcos Besada e Teresa Pérez, así como representantes da Asociación de Comerciantes de Salceda e do Grupo de Baile de Castro Barreiro, anfitrión do evento.

O festival xurde como homenaxe ao Grupo Folclórico de Castro Barreiro, que ven de celebrar os seus 25 anos de existencia, e contará coa presenza ademáis deste grupo do Grupo Folclórico de Entenza e o Grupo Folclórico Andarela pola parte de Galicia, e por parte de Portugal serán o Grupo Folclórico de Peñafiel, O Rancho Folclórico de San Miguel de Paredes e o Rancho Folclórico do Centro Social de Abragao.