jueves, 21 de mayo de 2015

Abierto el Festival de Xardíns de Allariz 2015

O Concello de Allariz aperturou a sexta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz que terá lugar o vindeiro domingo 17 de maio. A Música no Xardín inspira o evento paisaxístico nesta ocasión.

Único en Galiza e no resto do Estado, non só polo seu formato senón por constituír a forte aposta na que o paisaxismo convértese nun elemento de desenvolvemento social e económico. Dez xardíns efémeros, adicados á música, entran no concurso que se desenvolverá dende maio ata outubro.

O domingo 17 de maio ás 19:00h abrirá as súas portas a sexta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Xunto aos 10 xardíns que entran en competición polos votos dos preto de 40.000 visitantes que pasan anualmente polo festival, exhíbese tamén o xardín que realizan os escolares da localidade e o gañador do ano pasado, IN HOUSE, do coreano Taekyung Kim, que queda exposto unha edición máis.



Concurso 2016

Ademais da celebración do propio festival, xa está aberto o proceso de selección de propostas para a edición 2016, cuxo tema central será “Os Xardíns do Futuro”.

Os paisaxistas, xardineiros, profesionais ou afeccionados, que queiran participar, poden xa enviar os seus proxectos. O prazo finaliza o 15 de novembro, segundo estipulan as bases, que se poden consultar na web www.allariz.com/festival.