viernes, 15 de mayo de 2015

Días das Letras Galegas en Cambados

Actividades previstas en Cambados con ocasión do día das Letras Galegas

O venres, 15 de maio, o paseo da Calzada de Cambados acollerá unha nova exposición de murais deseñados polos centros escolares cambadeses. Ás 12,45 horas celébrase a xa tradicional ofrenda floral e poética dos rapaces, dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas que nesta edición homenaxea a Xosé Filgueira Valverde. Pola tarde, ás 18.30 horas, nova sesión de contacontos na Casa dos Fraga co "Comelibros" da compañía Matapiollos.

Sábado 16 de maio, ás 18.00 horas, no parque de Torrado, Festival Con de Xido, o cal en caso de mal tempo trasladarase ao Salón de Peña. Ás 21 horas, no Auditorio da Xuventude: Premio Ramón Cabanillas dos Libreiros de Cambados. 

Domingo 17 de maio Día das Letras Galegas Ano da Música: X Aniversario do Conservatorio e Escola de Música e 125 Aniversario da Banda de Música de Castrelo. Às 13.00 horas, no auditorio da Xuventude Concerto das Nosas Letras a cargo da Banda de Musica de Castrelo e a Coral Máximo Patiño de Vilaxoán. Ás 17.30 horas, no Campo da Festa de Vilariño IV Encontro Cultural Vilariño 2015. 

A programación especial péchase a partir das 21.00 horas, no Auditorio da Xuventude, con outro concerto das Letras Galegas a cargo do  histórico cantautor galego Luis Emilio Batallán.