martes, 19 de mayo de 2015

Noite de Fiadeiro Ramirás 2015

Programa da IX edición da Noite de Fiadeiro, que se celebrará o vindeiro Sábado día 30 en Vilavidal (Ramirás).

Esta festa nacía no ano 2007 coa intención de recuperar a esencia daqueles Fiadeiros que antano se celebraban na Comarca de Celanova, e que actualmente estaban perdidos. Deste xeito, ano a ano foise consolidando esta celebración e actualmente é unha das festas con máis sona no eido da cultura tradicional na Provincia de Ourense e en toda Galicia.

Neste ano 2015 desde a organización elaboramos un  programa de actividades para toda a xornada, que contemplan obradoiros, proxeccións, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. A gran novidade desta edición é o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano. Chegada as 21 h. máis de 30 colectivos de música tradicional chegadas das catro provincias galegas chegarán a Vilavidal para comezar a actividade central, esto é a Noite de Fiadeiro.