jueves, 11 de junio de 2015

Cartel San Froilán 2015

Aínda que quedan meses xa temos cartel do San Froilán Lugo 2015 a celebrar do 4 o 12 de outubro

A obra gañadora do Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2015 foi presentada co lema Colinas Ferstivas e o seu autor é Antonio Pereira Saqués, de Lugo. O gañador do concurso, ademais de ter a honra de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.

Os membros do xurado destacaron, entre outros aspectos, que o deseño gañador é moderno, con moita cor, e que conta cos monumentos significativos da cidade e ademais varía a imaxe típica do polbo pero aínda así reflicte elementos característicos do San Froilán. En total presentáronse 48 traballos ó certame convocado polo Concello de Lugo para elexir o cartel anunciador das festas de San Froilán 2015