martes, 30 de junio de 2015

Encontro de Cantadas Rebulir 2015

I ENCONTRO C@NTADAS que Organiza a Asociación Cultural Rebulir e con colaboración do Concello de Ramirás
A Asociación Cultural Rebulir, no seu empeño por recuperar e poñer en valor o patrimonio inmaterial, ven de organizar o I Encontro C@ntadas para o 4 de Xullo no Centro Cultural de O Picouto do Concello de Ramirás.

O que pretende esta actividade é dar a coñecer as experiencias, historias de vida, lendas, contos, anécdotas, retrancas... en definitiva, o patrimonio oral da comarca. Para esto contarase coa testemuña de veciños e veciñas das diferentes parroquias, nesta primeira edición participarán:
- D. Jose Ramón Cabano : Párroco de Penosiños e Escudeiros
- D. Celso Macias . Levadeiro

- D. Carlos Méndez . Mestre e escritor
Tamén fará a súa intervención un dos Contacontos mais recoñecidos a nivel galego e estatal, este é Celso Fernández Sanmartín, que coa antiga arte de contar tentará tranmitir aos presentes antigos contos e historias que el mesmo leva recollido na súa traxectoria vital.
A nosa intención é poder reproducir con certa frecuencia estes encontros implicando na súa dinámica a diferentes veciños e veciñas, para que o coñecemento acumulado nas memorias colectivas non se perda e siga o ciclo que veu cumplindo ata o momento.
Máis información en www.rebulir.com