sábado, 27 de junio de 2015

Milla Urbana Ames 2015

A Milla Urbana chega este ano á súa décimo quinta edición.

Un ano máis o Concello de Ames organiza esta carreira na que as persoas participantes, tanto atletas profesionais como afeccionados percorren unha milla, algo máis de 1.600 metros, excepto para as categorías inferiores (prebenxamín, benxamín e alevín). Nesta ocasión, a cita terá lugar maña domingo 28 de xuño, a partir das 11:00 horas, na Travesía do Porto, situada na localidade do Milladoiro. Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta proba terán de prazo para apuntarse ata o xoves, 25 de xuño, ás 22:00 horas. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. Non se admitirán inscricións o día da carreira