martes, 7 de julio de 2015

Festa do polbo de Mugardos

O vindeiro sábado, 11 de xullo de 2015, celebrarase unha degustación no Parque da Constitución a partir das 13:00 h, ata rematar existencias

A Festa do Polbo de Mugardos foi declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia. A partir dese momento sempre se celebra o segundo sábado do mes de Xullo.
Mugardos ademais é coñecido na cociña galega e internacional por idear un prato propio de moi sinxela elaboración: o Polbo á Mugardesa. Cada casa, cada familia, cada cociñeiro ou cociñeira afirma posuír a mellor receita, por suposto, a todos e todas lla fixo chegar unha señora vellísima, quen xa morreu hai anos, revelándolles o seu segredo xusto antes de morrer
Web oficial : Polbo Mugardos