miércoles, 15 de julio de 2015

Mercado de artesanía Terras de Lancelot Cedeira

I Mercado de Artesanía “Terras de Lancelot”, Cedeira, 17 – 18 e 19 de xullo de 2015. 

O Concello de Cedeira, a través da Concellería de Cultura, organiza, por segundo ano consecutivo, e baixo a dirección do historiador da arte e medievalista cedeirés Manuel Aneiros, o mercado de artesanía “Terras de Lancelot”. As distintas paradas de artesáns e mercaderes estarán situadas ao longo do Paseo da Mariña, onde se ofrecerán productos moi variados, como: orfebrería, xoguetes, traballos e manualidades en la, coiro, vidro, madeira, etc. Poderá ser visitado en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 23:00 horas.

Paralelamente ao mercado, realizarase unha actividade que pretende despertar o interés dos mais novos sobre a época medieval e, en particular, sobre a figura de Lancelot do Lago, o mítico cabaleiro da corte do Rei Arturo, e a súa relación coa vila de Cedeira. O evento está inspirado no libro "Sir Lanzarote do Lago e a súa proxenie cedeiresa”, do que é autor o historiador e cronista oficial da vila, Rafael Usero.

Para iso, a organización convoca unha serie de concursos de temática literaria, pictórica e fotográfica, -nos que poden participar “damas e cabaleiros infantís e xuvenís”-, que versen sobre a figura do cabaleiro Lancelot ou elementos medievais que aínda se conserven no concello de Cedeira.
As bases para participar nos diferentes concursos “Terras de Lancelot” están depositadas na Oficina de Turismo de Cedeira. As obras –literarias e pinturas- deberán entregarse o día 17, dentro do horario da feira, na caseta que a organización terá instalada para tal efecto no Paseo da Mariña. Todos aqueles rapaces e rapazas que se acheguen a entrega-las súas obras vestidos de época (medieval), recibirán un pequeno agasallo.

Os orixinais para participar no concurso fotográfico deberán enviarse por correo electrónico antes do día 17 a o seguinte enderezo: galiciamagica@galiciamagica.com

Haberá premios para tódolos participantes, que serán entregados o domingo 19 ás 13 horas diante da caseta da organización. Destacaranse aquelas obras máis orixinales e de mellor calidade literaria e artística, que serán avaliadas por un xurado composto, entre outros, por Rafael Usero (Historiador e Cronista Oficial da vila de Cedeira) e Manuel Aneiros (Historiador da Arte e Medievalista).



Terras de Lancelot (Bases dos concursos)

Poden participar damas e cabaleiros infantís e xuvenís.

Concurso literario

1/ Trátase de escribir un relato curto (conto, historia, lenda, etc.) –orixinal, en galego ou castelán- arredor da figura do cabaleiro Lancelot do Lago.

2/ O tema pode estar relacionado con algún feito histórico ou pode ser de inventiva propia (non se admiten textos de “copiar e pegar” de internet).

3/ O texto deberase entregar escrito a ordenador co seguinte formato:

·         De 1 a 3 páxinas en tamaño folio Din A4

Concurso de debuxo e pintura

1/ Trátase de facer unha pintura ou debuxo –orixinal- na que interveña o cabaleiro Lancelot do Lago.

2/ Características e formato:

·         Branco e negro ou cor, indistintamente
·         Formato Din A3 ou A4 (en vertical ou horizontal)

Concurso de fotografía.       

1/ Trátase de presentar unhas fotografías sobre calquer elemento medieval que se atope no concello de Cedeira. Deberán ir acompañadas dun pequeno título ou pé de foto.

2/ Admítense todo tipo de formatos, pero non se permiten retoques fotográficos excesivos que podan desvirtuar o modelo orixinal.

3/ Pódense presentar un máximo de 3 fotografías por concursante e valorarase a orixinalidade, a calidade artística e o tema escollido.

4/ Os orixinais enviaranse por correo electrónico a: galiciamagica@galiciamagica.com indicando no asunto do e-mail: “Concurso fotografia Terras de Lancelot”.

Os autores de tódolos concursos deberán incluir os seguintes datos:

ü  Título da obra
ü  Nome, apelidos e idade do autor
ü  Teléfono de contacto ou correo electrónico

Entrega de obras: Os orixinais (literarios e gráficos), entregaranse na caseta da organización o venres 17 de xullo en horario de mercado (de 11 a 14 ou de 17 a 23 horas).

Entrega de premios: Haberá premios ás mellores obras, que se entregarán o domingo 19 de xullo na caseta da organización ás 13:00 horas. Si algún dos gañadores non estivera presente o premio que lle corresponda depositarase na Oficina de Turismo para que o recolla alí.

Os concursantes que veñan entrega-las obras vestidos de época (medieval), recibirán un pequeno agasallo.
Os orixinales non se devolverán aos seus autores e pasarán a formar parte dun fondo documental coa posibilidade de elaborar con eles algún folleto nas próximas edicións do certamen Terras de Lancelot.

Tódolos concursantes, ao inscribirse e entregar-las obras, considerase que aceptan as condicións das bases.