jueves, 9 de julio de 2015

Ruta de senderismo en Boiro

Turismo Boiro - Ruta de sendeirismo maña Venres 10 de xullo ás 21.00 h.
A concellería de Turismo de Boiro organiza este venres ás 21.00 h. a primeira das rutas de sendeirismo programadas para este verán. Trátase dun percorrido de 8 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia. A ruta pasárá por Boliña, Rexedor, Vista Alegre, Monte de Sar, Agüeiros e Trebonzos podendo gozar dunhas espectaculares panorámicas nocturnas do rueiro de Boiro.
Esta é a primeira das oito rutas que a concellería de Turismo ten programadas para este verán 2015, xa que o programa conta cunha ruta semanal.
A ruta ten unha cota de inscrición de 2,50 euros. Poden anotarse na Oficina de turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654.