martes, 7 de julio de 2015

Vigo es la ciudad de España con más banderas azules en sus playas

Vigo é a cidade española con máis bandeiras azúis de toda España, con 10 distincións
O alcalde Abel Caballero participou esta mañá no izado de bandeiras azúis na praia da Argazada. Durante o acto, lembrou que Vigo é a cidade española con máis recoñecementos xa que ás nove enseñas obtidas, súmase o Sendeiro azul do río Lagares.
Nas praias de Vigo lucen desde esta mañá as nove bandeiras azúis que acadaron outros tantos arenais vigueses pola calidade dos seus servizos. Caballero, que participou esta mañá no izado, congratulouse de que Vigo manteña as mesmas disticións que o ano pasado, incluído o Sendeiro Azul para o Paseo do Lagares. As praias distinguidas en Vigo, a cidade española con máis recoñecementos, son: O Vao, Argazada, Rodas, Figueiras, A Punta, Tombo do Gato, Muíños do Fortiñón, Canido e Fontaíña.