viernes, 28 de agosto de 2015

Festa Normanda en Foz 2015

Programación V Festa Normanda en Foz
Fin de semana del 28 al 30 de agosto

Venres 28 de agosto

 Ás 12:00h. Apertura do mercado e inauguración da festa e do campamento normando no Paseo da Ribeira
 Ao longo de toda a xornada haberá actividades de animación e recreación histórica e, durante estes tres días, se pasas polo campamento normando, verás como comían, como durmían, como traballaban e como era un día na vida desta xente

 Ás 20:30h. Pregón oficial a cargo de José Carlos Paleo, presidente da ACIA-CAA de Foz, na área recreativa do Bispo Santo
 A continuación, representación teatral da lenda de San Gonzalo, a cargo dos veciños e veciñas de San Martiño, dirixidos por José Peinó
Entrega do premio ao Focego Maior
Para poder subir á área recreativa do Bispo Santo, haberá servizo gratuíto de autobuses que sairán do peirao ás 19:00h. e pasarán pola cafetería Xoyma

 Ás 21:00h. Pasarrúas continuo de batukada pola Avd. Álvaro Cunqueiro

 Ás 22:00h. Na avd. Álvaro Cunqueiro haberá mesas dos diferentes locais para poder comer e veremos secuestros e saqueos por parte dos normandos, así como diferentes combates 

Sábado 29 de agosto

V Festa Normanda:

 Ás 11:00h. Apertura do mercado e comezo das actividades no campamento

 Ás 12:00h. Sesión vermú na praza Conde de Fontao, con música

 Ás 14:00h. Gran representación do ATAQUE NORMANDO coa miragre de San Gonzalo na praia de Tupide

 Ás 18:00h. Xogos populares na praza Conde de Fontao. Xuvenís e adultos

 Ás 20:00h. e 21:00h. Dous pases da obra de teatro A propósito da compañía Os Quinquilláns, no Campo da Cabana

 Ás 21:00h. Exhibición de combates na praza Conde de Fontao

 Ás 00:00h. Saída do FUNERAL NORMANDO, desde a rula ata a praia da Rapadoira, seguindo o son dos tambores e luz dos fachos

 Á 1:00h. Espectáculo de malabares con lume polas diferentes zonas do Paseo de Colón

Ludoteca gratuíta: desde as 17:30h. ata as 20:30h. haberá entretemento para os máis pequenos/as desde 3 ata os 12 anos 

Domingo 30 de agosto
V Festa Normanda:

Ás 11:00h. Apertura do mercado e comezo das actividades no campamento

Ás 17:30h. DESEMBARCO INFANTIL na praza Conde de Fontao
Alí mesmo proporcionaranse armas inofensivas para a representación

Ás 18:00h. Xogos populares para os máis pequenos

Ás 21:30h. Entrega de premios dos diferentes xogos e do concurso de decoración