sábado, 8 de agosto de 2015

Festival do Castro Pantón 2015

Dende hoxe mesmo a organización do Festival do Castro lánzase ó infinito por todo o país na promoción e difusión do evento clave para o sábado 22 de agosto toda vez que está pechada toda a programación, así que se nestas tardes ou noitadas ves uns rapaces pegando carteis ou repartindo publicidade do festival, saúdaos!!!

Ás que xa estivestes algún ano pouco vos podemos contar que non saibades e aos que non estivestes aínda… como se vos ocorre tal cousa?! Nacemos no 2006, aínda que das cinzas fértis de outras dúas etapas -a pioneira de 1979 e outras edicións nos anos 90-. Dende aquel 19 de agosto do 2006 organízase como unha actividade anual da Asociación Cultural O Castro.



De dez anos para aquí mudaron moito as cousas, medramos e o mundo ao noso arredor tamén mudou. Nos queremos seguir sendo cultura popular a pesar de que cada vez sexa mais complicado manter a aposta pola cultura no rural e pola dinamización do interior do país.

Programa

Dende a mañá abrimos dende as 11.00 horas coa Feira de Artesanía durante todo o día, con todiño o preciso, barro, coiro, prata, macramé,… Calquera interesado en formar parte da mesma pode facelo a través do contacto no teléfono 687 887 538 e se ou no correo electrónico festivaldocastro@gmail.com

Para despedirnos da mañá, a partires das 13.00 horas repetiremos nesta edición o Vermú Gaiteiro, foliada con gaita ou calquera instrumento aberto á participación libre e convite á 1ª volta ós músicos!

Xantar Popular ás 14.00 horas, O prezo do xantar será de 15 euros (10 euros para os cativos ata os 12 anos).

O aforo é limitado e deben reservar o xantar ata o xoves día 20 (incluído) no teléfono 636 537 474,  no correo xantarfestivaldocastro@gmail.com ou mercar a entrada nos seguintes establecementos:

PANTÓN: Mesón Os Castros e Bar Carabelos

MONFORTE: O Anchoas

ESCAIRÓN: A Lareira. O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Café-concerto ás 15.30 horas, exercicio de reanimación dixestiva ó cargo da A Patxaranfa son unha xente que promete baile e ledicia a través dunha viaxe por diversas músicas do mundo enteiro. Os da Patxaranga aseguran que provocan un ambiente festivo e de alegría aló por onde van cun estilo que mestura o balkan, klezmer, swing e o flok grazas a unha formación de saxo, violín, guitarra, baixo, percusión e voz.!

Actividades de tarde, especiais para o público miudo, dende as 17.30 horas nas costas do Castro. Con Lusco Fusco onde teremos de primeiras maquillaxe, xogos e globoflexia que reunirán a todos os cativos do Festival do Castro antes de ter lugar os espectáculos de teatro e circo de rúa de Kote Malabar e As Aerealistas.!

Anoitecer no Castro, ás 21.00 horas, nas costas do Castro, nun escenario de luxo e tralo éxito da edición anterior este ano tócalle a Poetarras, un dos grupos revelación do panorama musical galego.

Concertos do Festival do Castro, dende as 23.00 horas, o forte do festival, unha das edicións de verdadeiro luxo, insistimos, non se pode dar máis e mellor! Un cartel mundial, atómico;

Nesta edición contaremos cos imprescindíbeis Os Cempés, con Muyayo Rif desde Catalunya, Chotokoue e o rock de Ruxe Ruxe. E ao remate da música no escenario, non escapes, seguimos na carpa con picadiscos cos mellores sonidos até o amencer!

Tras dez anos de festa, de artesanía, de xantares e cafés concertos, ducias de actividades de teatro e circo e unhas setenta actuacións musicais queremos convidarvos a todas a vir á nosa festa. Xa que non terás ocasión de ver tanto mundo, tanta calidade e tanta axitación cultural en tan pouco tempo, en nun entorno tan agradable, non podes faltar, participa nos concertos de balde, para a programación da túa intendencia conta que todos os eventos terán lugar no recinto de O Castro (campo da Feira), terás servizo de bar, bocatería e wc, contamos con zona de acampada libre e poderás empregar servizo de bus para enlazar Monforte de Lemos co Castro en Pantón e á inversa,