jueves, 24 de septiembre de 2015

Artistas do MusiCangas 2015

Éxito na convocatoria do MusiCangas 2015

O éxito da convocatoria do MusiCangas nesta primeira edición fai que o Concello de Cangas amplíe ata os 10 as bandas incluídas.

Tras unhas semanas de frenético traballo, o MusiCangas arrinca cun éxito na participación de artistas no evento. Aínda que a primeira intención foi de dar cobertura a 8 artistas, o alto interese mostrado polos artistas fai que dende a Concellería de Mocidade se faga un esforzo extra para incluír a un maior número de artistas. Andrés García sinala que “chegar ó maior número de artistas emerxentes é o obxectivo, e este esforzo para incluír ata 10 artistas nos axudará a definir mellor o Plan Estratéxico no que se está a traballar.”

O listado completo de artistas que participarán no MusiCangas 2015 é:

Tales of Monkeys - Democide
Poetarras - OTTP!
Hypnos Day - The Black Trails
Peri & Pecvs - Wolf Rayet
Lost in Life - Greve

Proximamente se anunciará a distribución por días e os horarios das actuacións.

Acerca deste Plan Estratéxico, MusiCangas aproveitará este festival para coñecer de primeira man as particularidades das formacións inscritas promovendo reunións cos artistas, coa intención de revisar o material solicitado nas bases, dentro da fase de análise previo. Andrés García di que “esta alta participación nos fai pensar que estamos no comezo do camiño correcto, e seguiremos traballando para que o Plan Estratéxico MusiCangas sexa o máis completo posible.”

O MusiCangas terá lugar no recinto das Naves de Ojea durante os días 2 e 3 de outubro de 2015, a partir das 21:00 horas, e contará coa participación de 10 formacións musicais.

Festival Solidario con ACNUR

MusiCangas acaba de firmar un acordo con ACNUR (Axencia da ONU para os refuxiados) para a instalación dunha barra solidaria no recinto que funcionará durante os concertos, polo que invitamos a todos os asistentes a colaborar nestes duros intres nos que cada xesto conta