sábado, 5 de septiembre de 2015

Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz 2015

Maña terá lugar unha novva edición da Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz que se celebrará o domingo 6 de setembro na Alameda de Allariz. 

Este ano a feira cumpre 20 anos e para conmemoralos a programación incrementa o número de reposteiros convidados. Un total de 14 produtores instalaranse, de 10:00 a 21:00h, no Paseo da Alameda para ofrecer o doce máis típico da súa repostería tradicional. 

A venda e degustación de doces, estará acompañada de actividades lúdico-gastronómicas como o concurso de repostería para afeccionados, o obradoiro de repostería infantil ou a segunda edición da degustación solidaria cuxos beneficios destinaranse a Cáritas Allariz. Ademais actuará a Banda Unición Musicalde Allariz e o novo grupo de teatro, Alonso de Paredes, interpretará unha representación imaxinaria da orixe dos amendoados “Encol da orixe do amendoado”.