Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Festa do Ensanche Santiago de Compostela

Seis entidades asociativas, coa colaboración do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e Afundación, promoven a celebración dunha gran festa o vindeiro sábado, 26 de setembro, para estimular “o sentimento de barrio que xa late” nesta zona da cidade.


A asociación de veciños Raigame, a fundación Santiago Centro, Panxea Comercio Xusto, Proxecto EmRede, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (APEGA) e o centro sociocultural O Ensanche conforman a organización desta celebración festiva que inclúe unha feira na que se espera a participación de cincuenta comercios e firmas, cuxos stands ocuparán parcialmente as rúas de San Pedro de Mezonzo, Diego de Muros, Rodríguez Carracido e Ramón Cabanillas.