jueves, 10 de septiembre de 2015

Festas do Cristo O Barco de Valdeorras 2015

As festas do Cristo de O Barco comezan co pregón este xoves día 10 de setembro ás 21 horas na praza Maior e entre o venres, día 11, e o martes, día 15, sucederanse una serie de actos festivos que buscan compracer a todos os públicos, nun apretado programa que a continuación se detalla.



xoves 10 setembro:

21h00. Pregón na praza Maior a cargo do historiador Ricardo Gurriarán.



venres 11 setembro:

11h00. Pasarrúas grupo de gaitas Amencer

11h00. Praza do Concello. Tren das Festas.

18h00. O Malecón. Paporrubio, xogos populares (Cultura no Camiño)

21h00. Pza. Príncipe Asturias. Actuación da Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, dentro do programa Danza 3 da AGADIC.

21h00. Campo da Festa. Baile amenizado pola orquestra Jerusalén, que ofrecerá outro pase ás 00h30.

23h45. Pza. Maior. Concerto do grupo Tornaxeira.

23h45. Pza. Andrés de Prada concerto de Robert Fernández.



sábado 12 setembro:

11h00. Pasarrúas co grupo Celtas Largos e a charanga Terras do Bibei

11h00. Pza. do Concello. Parque infantil de xogos en horario de mañá e tarde

11h30. O Malecón. Pasarrúas coa fanfarria Takicardia.

12h30. Beira do río, fronte ao Teatro Lauro Olmo. IX Xuntanza das pandillas do Barco, con sesión vermú amenizada por Blue Star Group e lembranzas do río Sil como espazo de lecer.

18h00. XLIX Descenso do Sil en piragüas.

18h30. O Malecón. Pasarrúas da fanfarria Takicardia.

20h30. Praza Maior. Xoán Curiel presenta co seu grupo o espectáculo "Estamos no verán" para público infantil e familiar (Cultura no Camiño)

21h00. Campo da Festa. Baile coa orquestra Aché, que ofrecerá outro pase ás 00h30. 23h45. Pza Andrés de Prada. Concerto do grupo La Fuga.



domingo 13 setembro:

11h00. Pasarrúas grupo Trenla e charanga Madialeva.

18h00. XXIX Milla Urbana do Barco.

18h30. O Malecón e Praza Maior. Pasarrúas da charanga Madialeva.

21h00. Pza. Andrés de Prada. Concerto da Banda de Música do Barco.

21h00. Campo da Festa. Orquestra Sintonía de Vigo, que ofrecerá outro pase ás 00h30.



luns 14 setembro:

08h00. O Madrugón.

11h00. Pasarrúas. Banda de Música A Lira de Ribadavia e Os Bertolini coas calantornias e os cabezudos.

12h00. Procesión e misa na praza Maior.

13h30. O Malecón. Concerto da Banda A Lira de Ribadavia.

18h30. Praza Maior. Concerto da Banda A Lira de Ribadavia.

19h30. O Malecón. Teatro de rúa. O grupo Ghazafelhos presenta "As mil e unha noites" para público familiar (Cultura no Camiño)

21h00. Campo da Festa. Baile amenizado pola orquestra Os Satélites, que ofrecerá outro pase ás 00h30.

22h30. Fogos artificiais.



martes 15 setembro:

11h00. Pasarrúas co grupo Amencer.

16h00 a 20h00. Pza. do Concello. Parque infantil de xogos.

20h30. Praza Maior. Concerto de Emilio Rúa & Xestreu (Cultura no Camiño)

21h00. Campo da Festa. Baile amenizado polo grupo La Oca.