martes, 1 de septiembre de 2015

Gastroarte Lugo abierto el plazo de solicitudes

O Concello de Lugo ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar na segunda edición de Gastroarte, a feira de artesanía e gastronomía que pon en marcha a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua para promover os produtos gastronómicos e artesáns lucenses aproveitando a afluencia de visitantes á capital durante os días de celebración do San Froilán, Festa de Interese Turístico Galego e Nacional. 

Gastroarte, que contará con 50 postos, celebrarase no paseo central da Avenida Ramón Ferreiro entre os días 3 e 12 de outubro, en horario de 11:00 a 00:00 horas os días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de outubro, e de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 23:00 horas os días 6, 7, 8 e 9 de outubro.

Todos os interesados poden presentar xa as súas solicitudes de participación, tal e como se indica nas bases publicadas o pasado xoves, 20 de agosto, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo será de 30 días hábiles e deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello, na Ronda da Muralla nº 197, ou ben por correo ordinario.

Información completa : Concello Lugo