domingo, 6 de septiembre de 2015

MusiCangas 2015 músicos emerxentes en Cangas

O Concello de Cangas presenta o MusiCangas, un evento que suporá un punto de encontro para os músicos emerxentes de Cangas. 

O evento terá lugar no recinto das Naves de Ojea durante os días 2 e 3 de outubro de 2015 e contará coa participación de ata 8 formacións musicais que deberán solicitar as condicións de inscrición no enderezo musicangas@gmail.com. O prazo permanecerá aberto ata o luns 14 de setembro e se espera presentar o cartel completo o venres 18 do citado mes. 

O MusiCangas nos se presenta como unha iniciativa puntual, senón que será o punto de partida para un ambicioso programa que se presentará proximamente en formato de Plan Estratéxico que se despregara o longo de 4 anos. Andrés Garcia Bastón expón que "dende a Concellería de Mocidade se quere promover e fomentar os talentos musicais non so coa organización dun concerto, senón que tamén apoiándoos en outros frontes esenciais para os grupos, como a promoción dos seus traballos, ou a formación en aspectos técnicos". 

Este programa atópase actualmente en fase de deseño, e aproveitará este evento como un punto de partida e como toma de contacto dos propios artistas cun entorno de traballo profesional. O festival dos días 2 e 3 de outubro servirá para analizar as necesidades dos artistas cangueses de primeira man, recabando deste xeito unha información moi valiosa de cara a redacción do Plan Estratéxico.