miércoles, 2 de septiembre de 2015

O programa Máis Galego en Santiago de Compostela

O programa Máis Galego de Televisión de Galicia
roda en Santiago de Compostela este xoves e venres

  • Máis Galego é un programa estival de Televisión de Galicia que se emite de luns a venres ás 19.55h na Televisión de Galicia desenvolvido pola produtora Rodaxe.
  • Este concurso pescuda a aquelas persoas que máis representen a Galicia polos seus coñecementos, a súa sabedoría popular e por demostrar levar Galicia no espírito.
  • O xoves 3 e venres 4 de setembro, o equipo do programa rodará en Santiago e abre o proceso de selección de concursantes.
  • O espazo conducido por Marta Doviro e David Noya céntrase en tres probas que determinarán que equipo é o Máis Galego.


Xa deu comezo a terceira temporada do concurso de Televisión de Galicia, Máis Galego. Este programa realizado pola produtora Rodaxe, emítese de luns a venres ás 19.55h na Televisión de Galicia dende o pasado luns 13 de xullo. Tras rodar programas en A Coruña, Ourense, Vigo, Vilagarcía de Arousa, O Grove, Cangas, Bueu, Foz, Viveiro, Ribadeo, entre outras, o equipo visita a cidade de Santiago na pescuda do equipo “máis galego”.

A competición ten lugar por equipos de dúas persoas que se enfrontan entre sí para demostrar que son os que mellor representan a Galicia. Os resultados que obteñan nas tres probas que prantexa o programa, serán os que determinen aos vencedores.
Primeira proba: Cultura xeral. Cinco preguntas con catro posibles respostas sobre Galicia e sobre Cangas diferenciadas por cinco categorías a seleccionar polos concursantes: persoeiros galegos, gastronomía e festa, xeografía e natureza, cultura xeral e historia e tradicións.
O Reto do Galego: un reto que pode ser gastronómico, de refraneiro popular, de música tradicional, ou calquera sopresa que reciban os concursantes dos nosos presentadores.
O Xogo Tradicional: un campionato de xogos populares galegos como tirar da corda, carreira de sacos ou as tartarugas de madeira.


Aqueles interesados en participar, non teñen máis que enviar un correo electrónico cos seus datos (nome completo, e-mail e teléfono) a maisgalego@crtvg.es ou ben no teléfono 679710540