viernes, 2 de octubre de 2015

Programa Festa do Marisco O Grove 2015

Festa do Marisco de O Grove 2015

"Yayo Daporta será o pregoeiro do LII Festa do Marisco do Grove"

O cociñeiro cambadés cunha Estrella Michelin será o padriño da festa gastronómica máis importante de España e reivindicará a importancia do marisco tanto na cociña tradicional como na nova cociña.

Mañá sábado, ás 13.00 horas, Yayo Daporta será o encargado de ler o pregón da Festa do Marisco do ano 2015. O acto, que terá lugar na Carpa de degustación e servirá para reivindicar a importancia da Festa do Marisco no panorama gastronómico nacional e internacional. Deste xeito, Yayo Daporta  —vencellado ao Grove dun xeito directo por ser a súa nai meca e pasar nesta vila moito tempo durante a súa infancia— supón unha referencia fundamental no relativo á gran puxanza da cociña galega.

Yayo Daporta formouse na Escola de Hostalería de Santiago de Compostela e comezou a traballar como cociñeiro aos 27 anos. Logo de estar en restaurantes de recoñecido prestixio como Casa Solla, Daporta amosou o seu interese pola cociña creativa e de vangarda e, tras pasar por outros restaurantes como Alejandro (Almería) e Amparo (Madrid), inaugurou o seu propio establecemento en Cambados. Tres anos despois (con 33), conseguía unha estrela Michelin, que mantén ata hoxe, ademais de contar cun Sol da Guía Repsol.

Segundo os coñecedores da materia, a cociña de Yayo Daporta podería definirse como “cociña tradicional galega con carácter propio”, o que marca un paralelismo claro co modelo da Festa do Marisco do Grove, na que durante 12 días se combinarán os produtos de maior calidade coa innovación e a nova cociña.

Día de Portugal

As eleccións parlamentarias portuguesas que se celebran este domingo 4 de outubro teñen condicionado a celebración do Día de Portugal deste ano. Os membros das cámaras e as autoridades políticas en xeral atópanse concentrados no que será o último día da campaña electoral e veñen de declinar a posible asistencia á recepción institucional prevista para hoxe venres. A pesar de non estar presentes nesa recepción, Portugal seguirá mantendo a presenza na Festa do Marisco, como xa quedou patente na presentación internacional da Festa realizada na cidade de Lisboa e que contou cunha exitosa acollida, ademais, este venres 2 de outubro estará dedicado á gran cantidade de portugueses que nos visitan.

Programa día 2 venres

"LII Festa do Marisco: Día de Portugal"

PROGRAMA DO DÍA

12.00 h. Apertura dos postos de venda de marisco. Carpas de degustación.
12.30 h. Actuación de gaiteiros Os Mecos do Grove. Praza do Corgo
13.00 h. Inauguración da Exposición “Gran Hotel”. Carpa institucional.
16.30 h. Actividades infantís. Praza do Corgo (ata as 20.30 h).
18.00 h. Inauguración da III Edición de Cociña en Vivo. Carpa Institucional.


Mesa de redonda con:
  • Rafael Centeno, do Restaurante Maruja Limón (1 Estrela Michelin) de Vigo
  • Inés Abril, do Restaurante Maruja Limón (1 Estrella Michelin) en Vigo
  • Javier Olleros, do Restaurante Culler de Pau (1 Estrella Michelin) no Grove
Modera: Carlos Crespo, xornalista


19.00 h. Inauguración da Carpa Mahou e da degustación de petiscos
23.00 h. CONCERTOS DO MARISCO: Fla-mecoCoversBand e The Limboos.
Escenario da carpa de degustación, na praza do Corgo



 "LII Festa do Marisco: Loquillo en concerto"


PROGRAMA DO DÍA 3 sábado

12.00 h. Apertura dos postos de venda de marisco. Carpas de degustación
11.30 h. I Exhibición de Remo-ergómetro. Carpa do Club de Remo Mecos. Praza do Corgo
12.00 h. Cociña en vivo. Cociñando con Gadis: Javier Ozores. Carpa CociñAmar
13.00 h. Lectura do pregón da LII Festa do Marisco do Grove. Carpas de degustación
13.30 h. Sesión vermú. Praza do Corgo
17.00 h. Sesión musical de tarde. Praza do Corgo
18.00 h. Actuación La Duendeneta. Rúa Pratería
18..00 h. Cociña en vivo. Carpa CociñAmar
20.00 h. Presentación de Cabezudos de Gogue. Carpa institucional
23.00 h. CONCERTOS DO MARISCO. Loquillo (abreconcertos: David Chiquillo e Antonio Casado). Escenario de concertos da praza do Corgo

Durante todo o día: charangas, gaiteiros e desfile de marisquiños e cabezudos de Gogue

Resto do programa