Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Visita al Cementerio de Pereiró en Vigo

Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte ocasión para visitar o maior Cemiterio de Vigo

Pereiró é o maior cemiterio de Vigo. De propiedade municipal, foi proxectado por Jenaro de la Fuente a finais do S.XIX. A súa arquitectura e escultura funeraria atinxen notábel importancia e son relevantes os aspectos antropolóxicos e históricos que garda.

Se queres coñecer este recuncho íntimo e misterioso da cidade, non perdas as visitas guiadas de turismo cultural ao Cemiterio de Pereiró. Terán lugar os días 28, 29, 30 e 31 de outubro de 2015, ás 19:30 ( 25 prazas diarias). É unha experiencia inesquecíbel coñecer a cidade dos mortos, o Vigo que marchou para sempre, mais que persiste na memoria do Vigo vivo.



- Participantes: Persoas maiores de idade interesadas en coñecer a arte funerarias e a historia de Vigo.

- Lugar e datas de inscrición: As inscricións realizaranse presencialmente na oficina municipal de información turística, sita en Cánovas del Castillo, 3, (Estación marítima de Ría), en horario de 10:00 a 17:00 horas, desde o vernes día 23 de outubro de 2015 ata o día 26 de outubro de 2015, sábado e domingo inclusive. 

- Datos obrigatorios de inscrición: Nome completo. DNI Teléfono móbil de contacto. Correo-e (opcional). Data de nacemento.

- Condicións de inscripción:
Cada persoa só poderá inscribirse a si mesma e a un acompañante no día que escolla.
A adxudicación de prazas faise por estrito orde de solicitude. Habilitaranse listas de espera por se se producisen baixas.

Máis información na web vigo.org e web turismodevigo.org, oficina municipal de información da casa do Concello, oficina municipal de turismo. Para información telefónica: 010 (desde móbil 986 810 260) e Tel 986 22 4757 de Turismo de Vigo Correo-e: turismodevigo@vigo.org"

Contidos da visita

1.- Visita ao coche fúnebre restaurado. 
2.- XARDÍN DA MEMORIA: Visita ao cemiterio civil: 
. Paredón de fusilamentos
. Sepulcros de alcaldes e diputados fusilados durante a Guerra Civil Española
. Colonia alemana
3.- Cemiterio Católico. 
. Explicación xeral
. Concepción Arenal
. Expatriados de Cuba y Filipinas
. José Elduayen Gorriti e Marqués de Valladares e Mos 
. García Barbón 
. Gil y Sarabia de Asorey
. Sanjurjo Badía
. Barreras Massó.
. Curbera
. Alfageme
. Cesáreo González
. Francisco Tapias Pascual

4.- Ofrenda da rama de oliveira agasallada polo Concello, que os asitentes á visita depositarán no monumento fúnebre que escollan.