martes, 10 de noviembre de 2015

Concurso Pontedetapas pinchos y tapas en Pontevedra 2105

Pontedetapas 2015 Pontevedra establecimientos y tapas participantes

Un total de 53 establecementos da cidade de Pontevedra participarán en Pontedetapas que se desenvolverá desde o 12 ao 22 de novembro.

Os bares e restaurantes participantes compiten en tres modalidades, pero mantendo a obrigatoriedade da utilización de produtos e materias primas de calidade da gastronomía galega. En xogo está o premio á mellor tapa tradicional – inspirada nas receitas máis arraigadas e significativas da nosa gastronomía–, á mellor trapa creativa –á máis orixinal e innovadora en sabores, presentación, técnicas empregadas…–, e o mellor cóctel. Un xurado especializado, presidido polo cociñeiro Pepe Solla, elexirá aos gañadores que obterán como premio, un diploma acreditativo e un trofeo que visibilicen o galardón e unha masterclass co propio Pepe Solla.

Dos establecementos inscritos 25 competirán en bocados tradicionais, 34 en bocados creativos e 14 na categoría de cócteles.

Modalidades
Premios do Xurado: Tapa Tradicional, Tapa Creativa e Cóctel
Premio do Público: Tapa Pontevedra

Ademais o público elixirá mediante votación popular o premio Tapa Pontevedra que será a que compita na segunda edición de “De tapas por Galicia”, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da comunidade autónoma entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas.

Un pasaporte Pontedetapas, que será selado por cada establecemento ao consumir, permitirá ao público máis participativo –a aqueles que cubran as 53 casillas o se non entre os que máis selos teñan- optar a unha cea para dúas persoas no local que escollan.

O prezo das tapas será dos euros e o dos cócteles, tres euros.