domingo, 22 de noviembre de 2015

Xornadas gastronómicas da Centola O Grove 2015

Xornadas da Centola 2015 en O Grove

Os restaurantes ofrecerán, do 21 de novembro ao 8 de decembro, centola do Grove a un prezo competitivo para que toda a xente que nos visite poida gozar da Raíña do Marisco.

Logo de rematado o prazo de inscrición para participar nas Xornadas da Centola do ano 2015, son 17 os establecementos que formarán parte deste evento (incluímos listaxe) de exaltación do crustáceo dos mares do Grove. Deste xeito pódese pechar o programa que este ano contará cos eventos habituais de edicións anteriores (concurso de centola viva e poxa da centola) pero que tamén incluirá novidades. Tense realizado un exhaustivo estudo das edicións anteriores, atendendo ao gasto que supoñen estas xornadas para as arcas municipais, co fin de tentar conseguir unha maior optimización dos recursos. Así,  poñeranse en marcha modificacións orientadas a mellorar os seus obxectivos. 


RESTAURANTES PARTICIPANTES NAS XIII XORNADAS DA CENTOLA

Beiramar
A Solaina
Rías Galegas (Hotel Louxo)
Crisol
Metropol
A de Ana
Finisterre
Pan de Millo
Airiños do mar
Solaina
Lavandeiro
O Museo
Airiños
O Chiringuito
Restaurante Hotel Cons da Garda
A típica
O Cruceiro