viernes, 6 de noviembre de 2015

Ruta de Tapas de Boqueixón 2015

Dende o 1 ata o 8 de novembro e en horario de mañán e tarde (de 12:00h- 15:00h. e de 20:00h.- 22:30h), os mellores bocados gourmet.

Participan 12 locais de Boqueixón no proxecto: Café- Bar O Rincón de Tania, Café Bar O Nervioso, A Taberna d´San Benito, Restaurante O Balado, Café Bar  Latino, Café Bar A Barreira, Taberna  Záramo, Casa de Xantar Casa Castro,  Restaurante Vente Vindo, Café Bar O´26, Café Bar O Rincón de Pepe e Cervexería O Vikingo; cun total de 14 tapas diferentes, prevese que nestes 8 días de festa se servirán 2.400 tapas polo reducido custo de 1,5€ cada tapa.

Esta ruta de tapas é unha exaltación dos produtos da zona: queixo de Bo-Queixo (D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla), carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos de Boqueixón, patacas, pementos, etc que estarán presentes nunhas tapas elaboradas mirando cara unha cociña tradicional pero que aposta por novas presentacións e formatos máis vangardistas, sempre utilizando produtos de tempada.

Coa Ruta organízase o Concurso á mellor tapa de Boqueixón 2015,  coa finalidade de que este concurso e o proceso sexa o máis obxectivo e transparente posible, o xurado será popular, deste xeito, cando un participante deguste polo menos unha tapa en cada establecemento cubrindo a súa tarxeta con todos os selos dos locais, debe indicar na mesma tarxeta  cal considera que é a mellor tapa da ruta. A Continuación, cos datos persoais cubertos introdúcese nas urnas dispostas nos establecementos hosteleiros. Ó remate das 8 xornadas gastronómicas, o establecemento gañador obterá o recoñecemento á “Mellor Tapa de Boqueixón 2015”, contemplándose tamén o segundo e terceiro máis votado como 2º e 3º clasificado.

De entre todas as tarxetas dos participantes recollidas das urnas, sortearase un vale por 120€ para canxear por unha comida/cea nun dos establecementos  hosteleiros de Boqueixón