lunes, 30 de noviembre de 2015

Visita Ferrol na ponte de Diciembre

Co gallo dos festivos do 6 e o 8 de decembro, co fin de incrementar as alternativas de ocio e turísticas da cidade, a primeira fin de semana do próximo mes retomaranse as visitas guiadas ao estaleiro de Navantia en “city-tren” e ao Arsenal militar, e reanudaranse as do Pazo de Capitanía.

Tal e como estaba anunciado e comprometido, a Concellería de Turismo de Ferrrol retoma, en colaboración coa Armada, as visitas guiadas ao Pazo de Capitanía. Neste caso serán só o sábado 5 de decembro, en dous turnos, ás 11:00 e ás 12:00 horas, e con carácter gratuíto.

A Concellería de Turismo, que preside Bruno Díaz, cumple así co seu compromiso de organizar as visitas a Capitanía pero co obxectivo de que a súa programación fora encamiñada a dar resposta ao interese tanto dos ferroláns como dos turistas que visiten a cidade.

En canto ás visitas guiadas a Navantia e ao Arsenal militar, promovidas pola Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, poderanse realizar catro días, dende o sábado 5 ao martes 8 de decembro.

Son abertas a todo o público en xeral e teñen un coste cada unha de 4 euros polo servizo de guía turística, sendo gratuítas para os menores de 5 anos. É preciso realizar inscrición previa nas oficinas municipais de turismo ou ben nos teléfonos 696531070 e 604008670.

O percorrido polo Arsenal militar, declarado Ben de Interese Cultural, comezará ás 11:00 horas. O punto de encontro é a oficina de turismo do porto de Curuxeiras, dez minutos antes.

No caso de Navantia, as visitas arrancan ás 12:30 horas e fanse en “city-tren”, con saída da praza de Galicia ás 12:20 horas. Ámbolos dous roteiros están incluídos na Ruta da construción naval, da que se pode obter máis información na páxina web www.larutadelacontruccionnaval.es.

Aproveitando a ponte de decembro, dende a Concellería de Turismo tamén se invita a coñecer outros puntos da cidade, como o Castelo de San Felipe, a Exponav, a Ruta das Meninas en Canido, o casco histórico racionalista da Magdalena ou os espectaculares paraxes naturais cos que conta Ferrol.