sábado, 5 de diciembre de 2015

Milla San Silvestre en A Estrada 2015

V Milla San Silvestre Estradense

O Concello da Estrada, organizará o día 31 de Decembro a 5ª Milla San Silvestre Estradense.
Tratase dunha proba de carácter lúdico non competitivo, pero haberá sorpresas para todos os participantes.


INFORMACIÓN XERAL
Data: xoves, 31 de Decembro de 2015.
Hora: a partir das 16:00, retirada de dorsais.
Lugar: Plaza do concello de A Estrada
Distancia: de 100m a 1.609 m. aprox
Organiza: Concello da Estrada 
Inscrición: Ata o luns 28 de Decembro de 2015, (a organización resérvase o dereito de aceptar inscripcións fora de prazo), estas realizaranse a través de:
Teléfono: 986 570 030 
E-mail: deportes@aestrada.es e alcaldiasecretaria@aestrada.es
Facendo constar: Nome – Apelidos - Data nacemento.


CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIOS APROXIMADOS
Pitufos (nados no 2010 e posteriores)- 100 metros – 17:00h
Prebenxamín ata Infantil (nados nos anos 2002 ata 2009)- ½ milla (800 m) – 17:15h
Cadetes ata Veterans (nados nos anos 2000 e anteriores)- 1 milla (1609 m) – 17:30h


PERCORRIDOS

A carreira da categoría Pitufos discurrirá polas inmediacions da praza do Concello  e os xardíns anexos a mesma (CIRCUITO VERDE).
A carreira da categoría Prebenxamín ata Infantil discurrirá por un circuito urban pechado o trafico de aproximadamente 800m de lonxitude (CIRCUITO ROXO), o que haberá que dar 1 volta para completar a distancia. A saida e meta situaranse na praza do Concello.
A carreira da categoría Cadetes ata Veterans discurrirá por un circuito urban pechado o trafico de aproximadamente 800m de lonxitude (CIRCUITO ROXO), o que haberá que dar 2 voltas (distancia total 1600m) para completar a distancia. A saida e meta situaranse na praza do Concello.



Retirada de dorsais a cambio dun quilo de comida non perecedeira que se destinará a Cáritas Parroquial, dentro da Operación quilo de Nadal. O termino das distintas carreiras todos os participantes serán obsequiados ca degustación de chocolate quente e productos de repostería. Haberá recordo conmemorativo da carreira para todos os participantes ata esgotar existencias. Para participar nos sorteos dos agasallos que se farán na chocolatada é obrigatorio levar o dorsal ben visible.