Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Pista de Hielo Navidad 2015 Santiago de Compostela

Pista de Xeo Santiago de Compostela Nadal 2015-2016

Situada no paseo Central da Alameda. Haberá bonos familiares a disposición dos usuarios e usuarias da pista e diversas xornadas de portas abertas onde se poderá patinar de xeito gratuíto. Serán o 14 e o 31 de decembro e tamén o 1, 11, 17, 18, 24, 25 e 31 de xaneiro.

Horarios

- De luns a xoves, de 9:00 a 14:00 horas (para centros escolares durante o calendario lectivo e de 11:00 a 14:00 horas fóra do horario lectivo) e, pola tarde, de 16:30 a 22:00 horas.
- Venres/sábados e véspera de festivo, de 11:00 a 2:00 horas.
- Domingos, de 11:00 a 22:00 horas.
- 24 de decembro, de 11:00 a 18:00 horas.
- 25 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 23:00 horas.
- 31 de decembro, de 11:00 a 18:00 horas.
- 1 de xaneiro, de 19:00 a 23:00 horas.

Prezos

- Entrada con patíns: 7 euros.
- Entrada sen patíns: 4,5 euros.
- Entrada familiar (2 adultos + 1 neno/a menor de 13 anos): adulto 6 euros e neno/a 4 euros.
- Entrada sen límite de tempo (mañá/tarde): 9 euros.
- Guantes: 2 euros

Os escolares e grupos precisarán reservar a pista de xeo a través da dirección de correo electrónico comercial@oziona.com ou do teléfono 981 848 411.