sábado, 26 de diciembre de 2015

Torneo Futsal Cidade de Lugo 2015

IV Torneo de Futsal Base Cidade de Lugo

Un torneo que organiza o club deportivo en colaboración co Concello de Lugo os días 26, 27, 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro no Centro Deportivo Terra, na Casa do Deporte, no Pavillón Municipal dos Deportes, no Pavillón Daniel Cordido e no pavillón O Palomar. 

Participarán un total de 111 equipos e sobre uns 1.400 deportistas de 6 categorías diferentes que disputarán 194 partidos.

O torneo consta dunha primeira fase de carácter autonómico con representación de equipos de todas as provincias galegas que se disputará os días 26, 27 e 28 de decembro. Os campións desta primeira fase das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, uniranse ao resto de equipos procedentes de toda España para disputar a fase final entre os días 2 e 4 de xaneiro. As finais das distintas categorías - benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil sub-17- que se celebrarán o día 4 serán retransmitidas in streaming e poderán ser seguidas en tempo real a través dunha aplicación.