viernes, 26 de febrero de 2016

Festa do Queixo e Festival Arzúa 2016

O Festival do Queixo 2016de Arzúa fixo público as confirmacións de MIGUEL CAMPELLO e ANDRÉS PENABAD, que se unen aos xa confirmados: Nach, Diego RJ, Troy e Luar na Lubre.



O SÁBADO 5 de marzo abrirase o festival co rapeiro alacantino NACH (22:30 h.), que chega co seu novo disco ‘A través de mi’, seguido de MIGUEL CAMPELLO (00:20 h.), cantante de “elbicho”, que traerá o seu Flamenco-Rock. E para pechar a primeira xornada, a sesión DJ de DIEGO RJ (02 h.), director de El Sótano -Radio 3-.

O DOMINGO 6 poderase gozar da Sesión Vermú a cargo de TROY (13 h.), o grupo vigués gañador do 8º concurso ‘Queixo Maquetón’, entre as 98 bandas presentadas de todo o Estado. E xa por la tarde, os concertos de ANDRÉS PENABAD (18 h.) e LUAR NA LUBRE (19:30 h.), que presentará o seu novo disco ‘Extramundi’.

Descarga información completa e programación en: Festival do queixo Arzua 2016