martes, 23 de febrero de 2016

Lucía Pérez en concierto en Riveira

Lucía Pérez chega a Riveira para presentar as súas cancións nun concerto didáctico orientado ás novas xeracións

Lucía Pérez entrega o Premio Panxoliña de Nadal en Riveira este venres

A artista do Incio estará en concerto este venres 26 de febreiro ás 20.00h no Auditorio Municipal da capital do Barbanza.
Acompañada de Chema Purón, Xavier Vizcaíno e David Taboada, entrega o Premio Panxoliña de Nadal ao Colexio Grupo de Riveira.
O concerto é con entrada libre até completar aforamento.


 Xa pasaron trece anos desde que Lucía Pérez (O Incio, 1985) publicou o seu primeiro álbum “Amores y amores” que logrou o Disco de Ouro Galego. Cinco anos antes, viamos como Lucía representaba a España en Eurovisión co tema “Que me quiten lo bailao”. Tras presentar o seu último disco, titulado “Quitapenas”, Lucía Pérez presentou unha composición propia do Nadal: “A festa do Belén”. Por mor deste novo tema, Lucía e o seu equipo tiveron unha idea: “Por que non expomos un concurso entre os escolares de Galicia, para que interpreten eles mesmos a súa panxoliña de Nadal?”. Entre ducias de vídeos presentados e tras unha dura deliberación, finalmente o colexio gañador é CEIP Plurilingue O GRUPO de Riveira.


O venres 26 de febreiro ás 20.00h, o Auditorio Municipal de Riveira vestirase de gala para recibir a Lucía Pérez xunto con Chema Purón, Xavier Vizcaíno e David Taboada, nun concerto didáctico aberto ao público. Previamente, Lucía estará a partir das 12.30h no Auditorio para realizar a entrega do premio “Panxoliña de Nadal” aos alumnos de 5º e 6º de Primaria. Lucía xunto co seu grupo, compartirá con eles a súa experiencia musical: todo o traballo, esforzo, dedicación e sacrificio que supón traballar no mundo da música e todo aquilo que o rodea. Este certame, que se celebrou por primeira vez en 2015, ten vocación de continuar. Así o expresa Lucía: ”Sorprendémonos coa cantidade de propostas que recibimos dos alumnos dos centros, a implicación dos docentes e a creatividade e talento que desbordan as futuras xeracións”.

Lucía Pérez conta cunha traxectoria de centos de concertos en España, Sudamérica e Europa, viaxando cos seus discos “Volar por los tejados”, “Cruzo los dedos” e o seu último elepé: “Quitapenas”. O concerto está organizado polo Concello de Riveira e producido por Abella Creativa.