Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Programa Entroido en Vigo 2016

Actividades do Entroido 2016 en Vigo

Merdeiros, entroido infantil, música, desfile, a orquesta Paris de Noia ...

A celebración do Entroido 2016 comenzará con "El Sevilla" como pregoeiro e o posterior concerto da súa banda, Mojinos Escozíos, na Porta do Sol, desde as 20:15 horas. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este martes a programación municipal, xunto á concelleira de Festas, Laura Iglesias. 

Hoxe venres, 5 de febreiro, terá lugar animacións de rúa en Príncipe e Porta do Sol, de 18 a 20 horas, cando dará comezo a entronización do Meco, o pregón e o concerto, todo na Porta do Sol. 

Para o sábado, o goberno de Vigo programa novamente animacións de rúa mais de 17 a 18 horas, momento no que comezará, se o tempo é favorable, o desfile-concurso de comparsas e carrozas, que fará o percorrido habitual, desde a rotonda de Isaac Peral en García Barbón, Policarpo Sanz e final na Porta do Sol. A Orquestra Miramar pechará a noite do venres coa súa actuación, ás doce horas, no escenario de Porta do Sol. 

Os merdeiros rondarán o centro histórico da cidade pola mañá e pola tarde do domingo, día no que se disputará unha carreira popular pola cidade (desde as 11 horas para adultos e veteranos, con saída e chegada na Porta do Sol) e unha proba infantil pola rúa do Príncipe (desde as 11:15h). Pola tarde, animacións de rúa en Príncipe, Porta do Sol e na Praza da Princesa e, para os máis pequenos, actuación de A Gran Barafunda ás 17 horas na Porta do Sol e chocolotada infantil desde as seis da tarde. 

O luns, as animacións de rúa de 17 a 18 horas en Príncipe e na Porta do Sol darán á primeira xornada do entroido infantil nas dependencias do Concello. De 17 a 20 horas no vestíbulo do Auditorio Municipal, obradoiros infantís (O Gorro Louco, Anteface Comestible e Globoflexia); ás 17 horas a actuación "Preséntame un Pallaso" na lonxa do Concello e, desde as 18 horas, concurso de disfraces categorías infantil individual e grupo infantil conxuntado (ata 13 anos), con inscrición na mesma lonxa do Concello de cinco a seis da tarde. 

O martes comeza cos merdeiros no centro histórico pola mañá e pola tarde, animacións de rúa desde as 17 horas en Príncipe e Porta do Sol e a segunda xornada do entroido infantil no Concello. Nas dependencias municipais continuarán os obradoiros infantís (maquillaxe, manualidades e Buscando a Wally) no vestíbulo do Auditorio Municipal, de 17 a 20 horas, a actuación de "A Maxia de Xabi" desde as 17:30 horas na lonxa do Concello e o concurso de disfraces, individual e grupo conxuntado, para maiores de 14 anos desde as 18:30 horas, coa inscrición desde unha hora antes. 

A noite do martes sumará animación de rúa, desde as 22:30 horas, da Praza da Constitución á Porta do Sol, como acompañamento da queima do Meco, que sera ás once da noite. A orquestra París de Noia pechará o día con dous pases, un de 22 a 22:30 horas e un segundo desde as doce á unha da madrugada. 

O mércores conclúe o entroido vigués coas exequias funerarias solemnes das comparsas, na Porta do Sol ás 18 horas, co acompañamento e dó da comitiva ás 18:30 horas (con percorrido desde Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e final na Porta do Sol), e o sepelio do Meco, tamén na Porta do Sol ás 19:30 horas. Péchase a xornada cos oficios laicos, responsos e sermóns, e coa lectura da acta do xurado e entrega dos premios dos concursos de comparsas e carrozas.