jueves, 10 de marzo de 2016

Aumentan los vuelos Vigo Madrid a partir de abril

Vigo contará con tres conexións a Madrid máis á semana operadas por Iberia.

 A compañía establecerá prezos especiais para empresas e pemes, ademais de ofertas especiais en determinados voos. 

O alcalde de Vigo anunciou o pasado mércores que Iberia incrementará a partir do 31 de marzo as súas conexións con Madrid con tres voos máis á semana, estabilizando así mesmo os horarios para que as cinco conexións diarias de media en cada dirección que operará Iberia serán sempre no mesmo horario. 

Logo de manter un encontro co director de Vendas da compañía, Víctor Moneo, o rexedor precisou que aínda que sexa a matriz a que retome estas conexións, manteranse os prezos da filial, Iberia Express. Tamén se ofrecerán tarifas especiais para empresas e pemes, ademais de ofertas en determinados avións que estarán rotulados cunha tarifa máis asequible, que permitirán, por exemplo, idas e voltas no mesmo día por 60 euros.