martes, 29 de marzo de 2016

Festa da Reconquista Vigo 2016

Programa festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016 : celebración 2-3 de abril 

A cidade de Vigo celebra a Festa da Reconquista tomando as rúas do Casco Vello na primeira fin de semana de abril, os días 2 e 3.



Ademais das representacións, a organización programa o tradicional mercado, espazos infantís, música nas rúas e demostracións de artesanía. A mostra "Retallos da nosa historia" xa está aberta, na Casa Galega da Cultura.

Os actos centrais da festa terán lugar na fin de semana do 2 e 3 de abril. Para o sábado e o domingo, a organización programa o tradicional mercado, unha foliada infantil na Praza da Pedra, espazo infantil no Berbés, demostracións de artesanía con vinte oficios tradicionais, música e baile polas rúas da zona vella e, por suposto, a representación da saída das tropas e as escaramuzas coa veciñanza, e a representación da Reconquista da Vila de Vigo.

Durante as xornadas do sábado e do domingo haberá actividades musicais na sede da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello e no "Espacio Mahou", en Eduardo Chao, xunto a 15 grupos de música tradicional actuando polas rúas e prazas do casco histórico vigués.

Sábado 2 Abril.
10:00h Inauguración mercado.
11:00h Foliada infantil “Praza da Pedra”.
17:00h Espazo infantil “Praza do Berbés”.
18:00h Saída das tropas e escaramuzas ca veciñanza.
23:00h Fin da xornada.

Domingo 3 Abril.
10:00h Inauguración mercado.
10:30h Demostracións de artesanía (20 oficios tradicionais).
11:00h Espazo infantil “Praza do Berbés”.
13:00h Sesión vermú ( grupos da asociación, gaitas, baile tradicional).
18:00h Representación da Reconquista da Vila de Vigo.
22:00h Fin da festa.