martes, 8 de marzo de 2016

Festival de Teatro de Melide 2016

O Festival de Teatro de Melide 2016 terá lugar o vindeiro día 12 de marzo, e teñense programadas varias actuacións. Por unha banda haberá unha representación teatral ás 16.00 h na Casa da Cultura da vila de Melide da man de escolas de teatro visitantes. 

A partires das 17.30 h da tarde os alumnos e alumnas da aula de teatro do IES de Melide representará nas rúas do casco vello de Melide diferentes pezas teatrais interactuando co entorno, facendo fincapé nos oficios tradicionais como zapateiros e costureira así como na temática xacobea ao estar o casco histórico dentro da ruta do Camiño de Santiago.  

Participarán nesta interpretación grupos de música local como Herba Grileira, as pandereteiras do IES de Melide, a asociación de xogos tradicionais e non faltará a poesía. Así mesmo, a representación será interxeneracional, dende o actor máis novo con so 3 anos de idade ata o máis lonxevo, de 60 anos. 

A temática do festival é moi variada, dende as relacións amorosas, a violencia, a incomunicación dun mundo globalizado….seguindo as problemáticas que os propios mozos propoñen. Ás 20.00 h a Casa da Cultura acollerá outro pase teatral, desta vez a interpretación por parte da aula de teatro do IES de Melide.