domingo, 20 de marzo de 2016

Nuevas fiestas de interés turístico en Galicia

Galicia tiene desde este semana 5 nuevas fiestas de interés turístico 


Ver RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de marzo de 2016 polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Feira do Queixo do Cebreiro (Lugo), a Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei (Ourense), o Entroido de Vilariño de Conso (Ourense), a Feira do Viño do Rosal (Pontevedra) e a Festa do Viño do Condado do Tea (Pontevedra).

«Declarar festas de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, as seguintes:

A Feira do Queixo do Cebreiro, que se celebra nas datas coincidentes coa Semana Santa, no concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

A Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei, que se celebra na segunda semana do mes de xuño, no concello de Monterrei (Ourense).

O Entroido de Vilariño de Conso, que se celebra nas datas do Entroido, no concello de Vilariño de Conso (Ourense).

A Feira do Viño do Rosal, que se celebra a última fin de semana de agosto, no concello do Rosal (Pontevedra).

A Festa do Viño do Condado do Tea, que se celebra a última fin de semana de agosto, no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra)».