jueves, 24 de marzo de 2016

Salón libro infantil y juvenil de Pontevedra

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2016

XVII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra “Canta Bichería!”.

Os animais serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!


Todos eles teñen cabida no noso Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016.

Horario de apertura: de luns a venres, de 17 a 20 h. Sábados, domingos e festivos, de 11 a 14 h. e de 17 a 20 h.

A inscrición nas actividades é presencial. Achégate para apuntarte ás actividades que requiran inscrición previa no horario de apertura do salón.

+info. e programa completo en salondolibro.org