viernes, 15 de abril de 2016

Ardora programa de ocio en Ferrol para a Xuventude

Ardora, o renovado programa de actividades de ocio alternativo do Concello de Ferrol para mozos e mozas da cidade regresa as noites dos venres nesta primavera. O programa chega con novos folgos e unha morea de actividades novidosas e renovadas do 15 de abril ao 27 de maio, entre as 22:00 e as 1:00 am.

Como sempre, o programa Ardora será completamente de balde e nas dependencias da Casa da Xuventude de Ferrol, no antigo Hospicio da praza de Amboaxe (rúa Méndez Núñez, 11). onde todos os participantes son benvidos sen inscrición previa (nos días 15, 22, e 29 de abril e 6, 13, 20 e 27 de maio).

A oferta de actividades, que o Goberno local retomaba en novembro do 2015 logo de varios anos de ausencia, desembarca este ano cunha oferta poliédrica e multicolor pensada para os mozos e mozas como alternativa creativa do tempo de lecer nocturno. O programa de actividades foi deseñado de novo atendendo as recomendacións e as demandas dos usuarios.

Na primeira quenda, de 22:00 a 23:30 horas, a oferta inclúe chapas, playnet, baby soft, risoterapia, corto e pego e ritmos latinos.

Na segunda queda, de 23:450 a 1:00 horas, as actividades pasan pola Creación e montaxe audiovisual, hiphop e dancehall, lightpainting, gomaespuma, meditación e larpeiros.