jueves, 7 de abril de 2016

Exposición SAUDARTE en Cambados

O venres día 8 de abril comeza en Exposalnés a exposición SAUDARTE, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico e na que colaboran o IES Ramón Cabanillas, o IES Francisco Asorey e a Academia de Pintura Mon.


A mostra poderá ser visitada ata o 8 de maio, nos seguintes horarios:
-de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
-sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
-domingos de 10:00 a 14:00

Tamén o venres, e tamén en Exposalnés, será a conferencia “a poesía última de Manuel María” a cargo de Manuel López Foxo (escritor, activista cultural, e autor de traballos e libros sobre Manuel María).
O sábado ás 19:00 en Exposalnés será o acto de Memoria Histórica “O dereito a saber: Cambados e o Salnés, 1936”

E o domingo ás 19:00 no Auditorio da Xuventude realizarase o recital de clausura do curso de piano organizado por 5ª sinfonía e impartido por Olga Baranova e Yuri Popov.