martes, 12 de abril de 2016

Feira do Viño do Ribeiro 2016

A Feira do Viño do Ribeiro 2016 , que este ano alcanza a súa 53ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2016, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense).

Cartel oficial do evento



Actividades e programa previsto

RibeiroRisas, unha gala de humor e viño, na que se contará con tres monologuistas e unha presentadora. O público interesado en asistir a este evento poderá obter a súa entrada, a un prezo especial de 5€, presentando a copa ou o ticket de puntos (consumido ou sen consumir) que previamente poderá conseguir no recinto feiral.

Espectáculo de monólogos a cargo de:
Tonhito de Poi
Isabel Risco
Fede Pérez
Presentado por Iria Sobrado
Lugar: Auditorio do Castelo, en Ribadavia.
Horario: 23:30 h
Venta de Entradas:
Días previos: Oficina de Turismo de Ribadavia (988471275) turismo@ribadavia.es
Días do evento: Na taquilla, na porta do Auditorio do Castelo, dende unha hora antes do inicio.
Prezo entradas:
Bonus FVR: 5€ (haberá que presentar a copa ou ticket de puntos da FVR, consumido ou non consumido)
Normal: 10€

Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro

Lugar: Local Social da Madalena (Barrio Xudeu – Ribadavia)
Horario: venres de 18.00 a 22.00 horas e sábado de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

Sábado 30 de abril

Acitividades Enogastronómicas – Showcooking

(Para participar nas actividades de pago é imprescindible mercar as entradas na Oficina de Turismo (988471275 ou turismo@ribadavia.es) ou no stand de venta de tickets)
* Obradoiro con entrada.
Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

Sábado, día 30 de abril

13.00 h
Obradoiro de cociña *.
Imparte: Carlos Maldonado, cociñeiro gañador da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef”.
Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h
Entrega de vídeos de adegas da D.O. Ribeiro
Recollerán as adegas e haberá un visionado do vídeo.
Os vídeos serán emitidos no programa Cousas de Comer de Telemiño

19.30 h
Obradoiro de cociña *.
Imparte: Héctor López, cociñeiro do Restaurante España, de Lugo, Grupo Nove, e xurado do programa da TVG “Desafío nos fogóns”.
Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

Domingo 1 de maio:

Actividades enogastronómicas – Showcooking

Lugar: Aula Actividades – Showcooking no recinto da feira.

Domingo, día 1 de maio
13.00 h
Obradoiro de Cociña *.
Imparte: Alberto Lareo, cociñeiro do Restaurante Manso, de Santiago de Compostela (A Coruña).
Contarase coa presenza do sumiller Nacho Costoya, que maridará os pratos elaborados cos viños do Ribeiro.

17.30 h
Obradoiro de cociña infantil.
Imparte: Covadonga García, cociñeira finalista da 3ª edición do programa de TVE “MasterChef Junior”.

18.45 h

Presentación do Ciclo de F.P. “Aceites de Oliva e Viño”

Imparte: Persoal docente do I.E.S. Ribeiro
19.30 h

Entrega dos premios da Cata Popular da Feira do Viño do Ribeiro