martes, 26 de abril de 2016

Festa das Quendas en Mondoñedo con Mikel Erentxun

Mondoñedo celebrará a súa tradicional Feira e Festa das Quendas este fin de semana do 29 ao 1 de maio.

Mikel Erentxun actuará en Mondoñedo o día 30 no que será o concerto estrela.


O concerto de Mikel Erentxun será ás 22:00 horas no auditorio Pascual Veiga. As entradas xa están a venda en Abanca por un prezo de 14 euros, e o custo en taquilla  será de 18 euros. O cantautor traerá ata Mondoñedo o seu traballo, A Corazón Abierto, un álbum gravado en directo, en acústico e en solitario. 


Ademais do concerto estrela, a programación das Quendas tamén inclúe a actuación de orquestras na Alameda dos Remedios. O venres 29 de maio, estará a orquestra revelación 2016 La Phila, o sábado 30, Salarena e Montreal e o domingo, 1 de maio, Principal.

Pregoeiro
O pregón das Quendas 2016 virá da man do músico e escritor galego, César Morán Fraga, moi vinculado coa cidade de Mondoñedo xa que súa nai naceu na localidade, ademais  de colaborar coa programación cultural de Mondoñedo sempre que se lle solicitou, e coa actividade Mondoñedo é Poesía.