sábado, 16 de abril de 2016

Festa dos maios en Allariz 2016

O vindeiro día 29 de abril, Allariz celebra a tradicional Festa dos Maios, na que os alumnos e alumnas do colexio de Primaria e o Instituto de Allariz presentan as súas creacións naturais e cantan as coplas que eles mesmos elaboran.

Tanto os maios coma o canto de coplas están suxeito a concurso polo que se outorgan premios fixados pola Concellería de Cultura, que van dende 30 a 50 euros. Para participar é preciso inscribirse na Casa da Cultura antes do día 26 de abril.

O veredicto do xurado emitirase o día 29, no transcurso da Festa dos Maios que se desenvolve no Campo da Barreira a partir das 12:00h. O acto contará co acompañamento musical do Grupo de Gaitas do Centro SocioComunitario  de Xinzo de Limia e coa actuación da Escola de Danza de Allariz.