lunes, 4 de abril de 2016

II Coruña Trail Brigantia Aventura

O domingo 15 de maio terá lugar no barrio de Novo Mesoiro a segunda edición do Coruña Trail Brigantia Aventura.

A carreira, organizada polo Clube Brigantia Aventura coa colaboración do Concello da Coruña, constará de dúas modalidades, trail longo e trail curto, de 24 e 12 km. respectivamente e dunha andaina non competitiva de 8 km. Serán catro as categorías da proba na que participarán 500 deportistas: masculino absoluto , feminino absoluto, veterano masculino e veterano feminino (as franxas de idade variaran dependendo da proba na que se participe e a categoria sera a fixada pola idade no dia da proba). Haberá premios para as e os tres primeiros clasificados de cada categoría, así como agasallos e sorteos para todos os participantes.

A saída da proba será as 10.00 horas no aparcadoiro do Centro Cívico, mentres que o peche será ás 14.00 no mesmo espazo. A apertura de secretaria será ás 8 da mañá, e a recollida de dorsais poderá efectuarse desde entón até as 9.30 horas. Este segundo Coruña Trail Brigantia Aventura é unha oportunidade única para descubrir esta modalidade na cidade, xa que contén todo os alicientes para cubrir as expectativas tanto de iniciados coma de expertos.

Info al completo en Trail Brigantia