jueves, 26 de mayo de 2016

Festas Corpus Christi en Ponteareas 2016

O venres 27, un cumio de expertos en medio ambiente e saúde terá lugar no auditorio municipal entre as 10.00 e as 20.00 horas, coordinado polo profesor doutor Francisco Peña. No remate do día recibirá o entrega do título de fillo predilecto que será declarado fillo predilecto de Ponteareas ás 20.30 h, no mesmo lugar, amenizado cun concerto da soprano Terese Novoa e o pianista Pablo Rodríguez.

O sábado 28 a partir das 16.00 darase comezo á confección das tradicionais alfombras florais nos diferentes barrios da vila. Ás 22.00 h inaugurarase a exposición cun percorrido pola historia das alfombras, os materiais e o deseño no Mercado Municipal, aberto a todo o publico ata o 30.

O xornada do 29, día do Corpus Christi, comezará coa actuación  da banda de música A Unión de Guláns ás 11.00 h diante da Casa do Concello, estrea da peza A Marcha das Flores, do compositor e fillo predilecto Rogelio Groba Groba. Deseguido, ás 11.30 h, realizarase a misa solemne cantada pola Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo, que finalizará coa procesión acompañada da banda A Unión. Pola tarde, haberá tempo para o desfile de carrozas coa banda de gaitas Tremiñado de Ponteareas ás 19.30. A partir das 21.30, nunha primeira sesión, e as 23.30, nunha segunda, a orquestra Paladium amenizará as festas do Corpus na praza Bugallal

Luar na Lubre Corpus 


Subirán ao escenario ás 22.30 da Praza Maior o grupo de folk Luar na Lubre, no que é o concerto máis importante destas festas. Con máis de 30 anos de traxectoria, o conxunto coruñés estará presentando o seu último traballo Extra Mundi, duodécimo disco en estudio e primeiro con Paula Rey nas voces, no que volven a recoller e adaptar temas da música de raíces galegas.

O luns 30, festivo local, centrarase na homenaxe aos alfombristas finados cunha misa ás 18.30 h na igrexa parroquial e unha posterior ofrenda floral no monumento ao alfombrista ás 20.00 h. A continuación, realizarase o acto de entrega de medallas Corpus Christi ás 20.30 h. Para rematar os festexos, a orquestra Panorama presentará o seu espectáculo de música, baile e luces na Praza Maior ás 21.30 h.