viernes, 27 de mayo de 2016

Hoxe comenza o Carballo por Etapas 2016

CARBALLO POR ETAPAS OS DÍAS 27, 28 E 29 DE MAIO E 3, 4 E 5 DE XUÑO

Chega a cuarta edición de Carballo por etapas, a ruta gastronómica que percorre a vila co mellor dos nosos produtos

Os locais participantes elaborarán tapas específicas para o evento que servirán os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. O prezo da tapa será de 1,50 €, e con cada unha entregarase un rasca co que poden conseguirse numerosos premios directos.

Os establecementos que decidiron subir este ano ao tren da popular ruta son A Barra Bar, A Cervecería de Luis, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tapería Aturuxo e Trattoria Pizzería Vesuvio