miércoles, 18 de mayo de 2016

Museo do Traxe Juanjo Linares Ordes

O Museo do Traxe Juanjo Linares de Ordes

O museo está situado na Rúa da Feira nº 5 da localidade de Ordes (A Coruña).

Foi inaugurado oficialmente polo Delegado do Goberno en Galicia, D. Antón Louro Goyanes, o sábado 16 de xaneiro de 2010, abríndose ao público o 27 de marzo do mesmo ano.


O Museo está composto basicamente por unha colección de máis de 1.000 traxes doados por Juanjo Linares á Fundación que leva o seu nome e esta á súa vez cedeunos ao Concello de Ordes para a súa exposición nun edificio de propiedade municipal, que foi recentemente restaurado para tal fin.

O horario de apertura ao público é de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. todos os días, agás os luns; tamén permanece pechado os domingos e festivos pola tarde.

O edificio consta de tres plantas con salón de actos, biblioteca, sala de lectura, almacén, oficina de dirección e administración e dúas salas de exposición.

Están expostas ao redor de 260 pezas (o resto está almacenado) e na colección hai maioritariamente traxes tradicionais de todo o mundo, aínda que predominan os das diferentes comunidades autónomas do estado español.

Tamén posúe traxes que pertenceron a distintas figuras da danza, entre outros Kety Clavijo, Rocío Jurado, Antonio Gades, Antonia Merce "La Argentina", Merche Esmeralda, Luis del Río, ....; a outros persoeiros coñecidos como Anita Delgado "Majaraní de Kapurtala"; traxes de confrarías, cerimonias, profesións etc.

É, sen dúbida ningunha, o museo sobre o traxe que máis pezas alberga.

Dispón de varias pezas moi valiosas, entre as que cabe destacar:

Un traxe de voda de 1.855.
Un sari de Anita Delgado, Matahari de Kapurtala – India.
Un quimono que pertenceu á esposa dun Daymio da corte do Xapón.
Un traxe de Antonia Mercé "La Argentina".
Un traxe de Antonio Gadés.
Varios traxes de Pacita Tomás.
Varios traxes de María Rosa.
Varios traxes de Antonio o bailarín.
Unha capa pluvial do S. XIX.
Varios traxes de voda (de muller galega) do S. XIX.
Varios traxes doutras figuras da danza española.