jueves, 26 de mayo de 2016

Noite de Fiadeiro Ramirás 2016

Por Décimo ano consecutivo celebrarase en Ramirás a Noite de Fiadeiro. Esta festa nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Socitransa e a Productora Claqueta Coqueta; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.


Para o vindeiro 28 de Maio a organización elaborou un  programa de actividades para toda as idades, entre as cales se contemplan obradoiros, proxeccións, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. De novo retomaremos o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano. As 21 h. máis de 30 colectivos de música tradicional chegarán a Vilavidal procedentes de todos os recunchos da xeografía galega para comezar a actividade central, esto é a Noite de Fiadeiro.