viernes, 6 de mayo de 2016

Vuelos de Vigo a Valencia con Air Nostrum

Air Nostrum conectará Vigo con Valencia este verán de 2016 con dúas frecuencias semanais

Segundo anunciou o pasado mércores o alcalde de Vigo , o Concello chegou a este "acordo mutuo" en virtude das melloras do contrato que está obrigada a facer a compañía. Así, a partir do mes de xullo e ata setembro, o aeroporto de Vigo contará con catro frecuencias semanais a Valencia, un destino que tamén ofrece Volotea. 

O aeroporto de Vigo estará conectado este verán con Valencia nunha ruta adicional operada por Air Nostrum, tal e como explicou este mércores Abel Caballero, quen sinalou que a aeroliña está obrigada a facer algunhas melloras no seu contrato polo que "de mutuo acordo decidimos que vai operar en xullo e agosto" con destino á cidade mediterránea con voos os martes e os sábados. Este destino a maiores na oferta da compañía en Peinador non terá custe algún para o Concello. 

A ruta entre Vigo e Valencia tamén será operada entre xuño e setembro por Volotea con saídas os mércores e os domingos. Deste xeito, Peinador contará a partir de xullo con catro frecuencias semanais a Valencia nunha oferta que se manterá ata o mes de setembro. Para o alcalde, o interese de Air Nostrum por ofrecer unha nova conexión revela "o que está pasando coa terminal viguesa".